Hai tempo me deron unha publicidade na rúa, que falaba de servicio de comida a domiclio. Chamáse Tu Eliges Vigo e se trata de poder escoller entre varios restaurantes da cidade un menú, e cho envían á casa. En principio a grande ventaxa que ten é a variadade de restaurantes (que por sí sós non tiñan reparto) e un só número de teléfono para realizar o pedido a calquera deles.
Este venres pasado fixen a primeira proba e pedín un menú. Na súa páxina web teñen os menús de todos os restaurantes. Eu pedín do Lizarrán, pedíronme os datos típicos y me dixeron que me regalaban unha entrada para o partido do Celta, que regalaban unha cada dez chamadas. Ademáis informáronme de que a comida do Lizarrán, facendo o pedido a través deles, teñén como mínimo 50c de desconto respecto ó menú en local.
No meu caso pedín un menú variado no que rexeitei que puxeran pescado. Despois de terminar ó pedido seica falaron co Lizarran para mandarlles o pedido e tiñan dúbidas sobre se o caranguexo era pescado ou non, así que chamáronme para concretar.
A entrega tardou case unha hora en chegar. E a verdade é que non chegou en moi boas condicións. Os “bocatíns” movéronse uns contra os outros, algúns mezcláronse, outros déronse a volta… Deberían cambiar a embalaxe de entrega porque non é a máis idónea.
En definitiva, Tu Eliges Vigo é unha boa opción para cando tes antoxo dun restaurante especial e podes prescindir da “presentación” e o servicio da consumición en local.
ACTUALIZADO: 01/01/12: Parece ser que dende hai uns meses TU ELIGES VIGO deixou de funcionar. Polo menos a súa páxina web xa non existe parece ser que será algo definitivo.
O mellor: variedade dos restaurantes, prezo normal.
O peor: embalaxe do transporte. Web demasiado caseira.
Enlace: http://www.tueligesvigo.es
Discusión no foro: Foro de Vigo
Dende a dirección de Tú eliges, quero aclarar os seguintes puntos:
Primeiro, pedirlle desculpas polo mal estado do pedido despois do transporte.
Segundo, ata o momento nunca víramos ningunha queixa nese sentido, polo que tomamos nota e procuraremos resolvelo na maior brevedade posible.
Como terceiro e último punto, quero agradecerlle que fale con tanta sinceridade e sabendo apreciar o resto do noso servicio. Decirlle tamén que o embalaxe dos montaditos é o único co que cabe a posibilidade de que a presentación non sexa a idónea, posto que os separadores deixanlle bastante olgura polo que os montaditos pódense volcar ou mezclar.
Sen máis, despídome con un saúdo.
Víctor.
Hola Victor, gracias por responder.
Creo que un ‘feedback’ é positivo para todos.
De novo, gracias y un forte saúdo.