A Bocatería Tamarindo é un oasis de comida sá no centro da cidade. Escondida na Rúa Roupeiro, xusto diante da Igrexa de Santiago de Vigo, presenta un menú que conforma a todos os paladares, carnívoros e vexetarians.

Bocatería Tamarindo
O persoal é rápido e atento, nunca atopei unha mala cara ou mal xesto, todo o contrario. Un ambente amable e acolledor por parte de todas as persoas que traballan en Tamarindo.
Quizáis o seu prato estrela (ou polo menos a miiña recomendación) é a Arepa Tamarindo, que aínda que é un pouco lenta de facer paga a pena. Unha mezcla de aguacate, maiz, cenorias… Moi recomendable.
E para beber o mellor é pedir un zume do día, ou no seu lugar calquera outro dispoñible na carta. A sensación é de estar tomando un auténtico zume natural recén feito.
Por outra banda, quizáis o peor da bocatería sexa o local. Demasiado pequeno para as horas punta. No afán de aproveitar ó máximo o espazo dispoñible, hai demasiadas mesas e demasiado xuntas. Polo que se hai moita xente no local é imposible aislarse do resto do local e tes que estar sempre pendente de que quen pase ó teu carón non te tire o prato ó chan. O mellor é ir temprano, entre as 20 e as 21 da noite.
Ademáis permítese fumar. O local é demasiado pequeno e non é que teña unha grande ventilación, así que enseguida chéase de fume. Cando hai moita xente (22.00h) é imposible dar un bocado se tragar co fume de alguén. Ese punto, sendo un local de comida “vexetariana”, terían que coidalo máis.
O mellor: a comida, o persoal, wifi, a páxina web.
O peor: local pequeno, incómodo se stá cheo. Permítese fumar e enseguida énchese de fume.
Enlace: http://www.bocateriatamarindo.com
Enlace foro: Foro de Vigo
Moitas gracias por os bos comentarios. En canto a incomodidade do pequeno local e o fume, estamos a por boas novas.