A Bocatería L’Squina atópase na rúa Carral, 4. O local é máis amplo do que pode parecer, xa que ten unha planta superior moi ben aproveitada. Necesaria xa que a planta inferior soamente ten a barra e chease enseguida de xente.
O persoal do local ten un trato amable e directo, con continuos chistes e comentarios animosos que che fan sentir coma se levaras indo toda a vida.
O menú de L’Squina contén prácticamente todo: bocadillos, baguettes, sandwiches, ensaladas, hamburguesas, pizzas, pratos combinados e postres caseiros. Non esperes atopar unha masa de pizza especial, ou un bocadillo con un pan diferente ó convencional, ou un prato combinado con algunha salsa especial. Non hai nada especial ni diferente. Todos os ingredientes son ingredientes normais que podes atopar en calquer lado. Isto, para mi, é un acerto xa que podes ir e pedir o que máis te apetezca sen temer a que non che guste a masa, o pan ou a salsa. Non hai sorpresas, todo está bó. Todo está igual de ben que se o fixeras na tua casa, pero cun cociñeiro profesional claro.
Ainda que non teñen reparto a domicilio, si preparar a comida para levala posta.
O mellor: situación, menú moi amplio, trato do persoal.
O peor: chéase enseguida de xente.
Enlace foro: http://www.foros.net/viewtopic.php?t=4&mforum=Vigolandia