Restaurente Purita Vida Vigo

Restaurante situado en la calle Gamboa número 20 de Vigo, tiene una decoración detallada donde nada se ha dejado al azar. El mobiliario es totalmente nuevo y, aunque algunas mesas parecen algo pequeñas, finalmente cumplen su cometido.

Leer más de este artículo

Pizzería Cambalache en Vigo

Non hai en Vigo moitos sitios que teñan servicio a domicilio para pizzas, exceptuando ós restaurantes de comdida rápida.

Sen embargo, en Pizzería Camabalache teñen un bó servicio a domicilio. Aínda que por teléfono asusta que anuncien unos 50 minutos para que chegue, na realidad sempre é menos tempo.

As pizzas (quizáis o prato estrela do restaurante) son boas, moi boas. Semellan estar sempre no seu punto, nun equilibro entre esponxosidade (xusta, nin máis nin menos) e a cantidad xusta de xugo. Son unha boa opción se che gustan as pizzas tipo TelePizza,pero ben feitas.

Páxina web: http://www.pizzeriascambalache.es

Enlace no foro:http://www.foros.net/viewtopic.php?p=7&mforum=Vigolandia#7

Bocatería L’Squina

A Bocatería L’Squina atópase na rúa Carral, 4. O local é máis amplo do que pode parecer, xa que ten unha planta superior moi ben aproveitada. Necesaria xa que a planta inferior soamente ten a barra e chease enseguida de xente.

O persoal do local ten un trato amable e directo, con continuos chistes e comentarios animosos que che fan sentir coma se levaras indo toda a vida.

O menú de L’Squina contén prácticamente todo: bocadillos, baguettes, sandwiches, ensaladas, hamburguesas, pizzas, pratos combinados e postres caseiros. Non esperes atopar unha masa de pizza especial, ou un bocadillo con un pan diferente ó convencional, ou un prato combinado con algunha salsa especial. Non hai nada especial ni diferente. Todos os ingredientes son ingredientes normais que podes atopar en calquer lado. Isto, para mi,  é un acerto xa que podes ir e pedir o que máis te apetezca sen temer a que non che guste a masa, o pan ou a salsa. Non hai sorpresas, todo está bó. Todo está igual de ben que se o fixeras na tua casa, pero cun cociñeiro profesional claro.

Ainda que non teñen reparto a domicilio, si preparar a comida para levala posta.

O mellor: situación, menú moi amplio, trato do persoal.
O peor: chéase enseguida de xente.
Enlace foro: http://www.foros.net/viewtopic.php?t=4&mforum=Vigolandia

Bocatería Tamarindo

A Bocatería Tamarindo é un oasis de comida sá no centro da cidade. Escondida na Rúa Roupeiro, xusto diante da Igrexa de Santiago de Vigo, presenta un menú que conforma a todos os paladares, carnívoros e vexetarians.

 

Bocatería Tamarindo

Bocatería Tamarindo

 

O persoal é rápido e atento, nunca atopei unha mala cara ou mal xesto, todo o contrario. Un ambente amable e acolledor por parte de todas as persoas que traballan en Tamarindo.

Quizáis o seu prato estrela (ou polo menos a miiña recomendación) é a Arepa Tamarindo, que aínda que é un pouco lenta de facer paga a pena. Unha mezcla de aguacate, maiz, cenorias… Moi recomendable.

E para beber o mellor é pedir un zume do día, ou no seu lugar calquera outro dispoñible na carta. A sensación é de estar tomando un auténtico zume natural recén feito.

Por outra banda, quizáis o peor da bocatería sexa o local. Demasiado pequeno para as horas punta. No afán de aproveitar ó máximo o espazo dispoñible, hai demasiadas mesas e demasiado xuntas. Polo que se hai moita xente no local é imposible aislarse do resto do local e tes que estar sempre pendente de que quen pase ó teu carón non te tire o prato ó chan. O mellor é ir temprano, entre as 20 e as 21 da noite.

Ademáis permítese fumar. O local é demasiado pequeno e non é que teña unha grande ventilación, así que enseguida chéase de fume. Cando hai moita xente (22.00h) é imposible dar un bocado se tragar co fume de alguén. Ese punto, sendo un local de comida “vexetariana”, terían que coidalo máis.

O mellor: a comida, o persoal, wifi, a páxina web.
O peor: local pequeno, incómodo se stá cheo. Permítese fumar e enseguida énchese de fume.
Enlace: http://www.bocateriatamarindo.com
Enlace foro: Foro de Vigo

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 306 seguidores