Tu Eliges Vigo, a domicilio
10 octubre, 2010 2 comentarios
Hai tempo me deron unha publicidade na rúa, que falaba de servicio de comida a domiclio. Chamáse Tu Eliges Vigo e se trata de poder escoller entre varios restaurantes da cidade un menú, e cho envían á casa. En principio a grande ventaxa que ten é a variadade de restaurantes (que por sí sós non tiñan reparto) e un só número de teléfono para realizar o pedido a calquera deles.
Este venres pasado fixen a primeira proba e pedín un menú. Na súa páxina web teñen os menús de todos os restaurantes. Eu pedín do Lizarrán, pedíronme os datos típicos y me dixeron que me regalaban unha entrada para o partido do Celta, que regalaban unha cada dez chamadas. Ademáis informáronme de que a comida do Lizarrán, facendo o pedido a través deles, teñén como mínimo 50c de desconto respecto ó menú en local.
No meu caso pedín un menú variado no que rexeitei que puxeran pescado. Despois de terminar ó pedido seica falaron co Lizarran para mandarlles o pedido e tiñan dúbidas sobre se o caranguexo era pescado ou non, así que chamáronme para concretar.
A entrega tardou case unha hora en chegar. E a verdade é que non chegou en moi boas condicións. Os “bocatíns” movéronse uns contra os outros, algúns mezcláronse, outros déronse a volta… Deberían cambiar a embalaxe de entrega porque non é a máis idónea.
En definitiva, Tu Eliges Vigo é unha boa opción para cando tes antoxo dun restaurante especial e podes prescindir da “presentación” e o servicio da consumición en local.
ACTUALIZADO: 01/01/12: Parece ser que dende hai uns meses TU ELIGES VIGO deixou de funcionar. Polo menos a súa páxina web xa non existe parece ser que será algo definitivo.
O mellor: variedade dos restaurantes, prezo normal.
O peor: embalaxe do transporte. Web demasiado caseira.
Enlace: http://www.tueligesvigo.es
Discusión no foro: Foro de Vigo
Últimos comentarios